Tutanota é Código Aberto e así as persoas expertas en seguridade poden verificar o código que protexe os teus emails. A nosa app Android está libre de elementos de Google o que converte a Tutanota no mellor servizo de email de código aberto.
Centrámonos no importante. A facilidade e simplicidade de Tutanota combinan co seu nivel único de seguridade e fan que o fluxo de traballo sexa rápido e eficiente. Sen distraccións coa publicidade, só o email tal como debería ser: privado e seguro.
Os teus datos en Tutanota sempre están cifrados: emails, calendarios, contactos, todo. Envía emails de xeito seguro sabendo que o cifrado de Tutanota protexe a mensaxe completa do escrutinio alleo.
Aforra tempo e diñeiro: Tutanota hospeda tódolos teus emails da empresa cifrados de extremo-a-extremo en Alemaña. Facemos que a túa empresa teña as ventaxas da nube -dispoñibilidade, eficiencia de custo, flexibilidade, copias automáticas- sen comprometer a seguridade. Con Tutanota os teus datos son teus, ninguén pode acceder a eles. Protexe o email da túa empresa con Tutanota.
A privacidade é un dereito, e iso inclúe o email cifrado. Esta é a razón pola que a conta básica de email seguro en Tutanota será sempre gratuíta. Non se requiren números de teléfono nin información personal para rexistrar a túa conta anónima de email.
A organización é chave: Retoma o control da túa ocupada vida co calendario cifrado de Tutanota. O calendario intégrase sen costuras co cliente de email seguro e é accesible en calquera dispositivo. As notificacións dos eventos envíanse cifradas de extremo-a-extremo para protexer completamente a túa privacidade.
Tutanota ten a súa base en Hanover, Alemaña. Tódolos teus emails cifrados gárdanse nos nosos servidores en centros de datos de alta seguridade en Alemaña, que usan enerxías renovables. Coa súas leis estritas de protección de datos e a GDPR, Alemaña ten unha das mellores leis do mundo para protexer os teus emails seguros.
Privacidade e seguridade están no corazón de Tutanota. Facemos Tutanota para permitirche enviar emails seguros a todo o mundo. Para loitar co noso dereito á privacidade - protexer xornalistas, confidentes e activistas dos dereitos humanos de todo o mundo - esta é a nosa misión desde que iniciamos o proxecto do email cifrado Tutanota. Axuda a Tutanota a construir a Internet do futuro: privada e segura! Xuntos deteremos a vixilancia masiva grazas ao cifrado por defecto.